Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Dans la maison de François Ozón

Unha aproximación fascinante, adictiva e por momentos aterradora á arte de contar historias e as distintas maneiras de recibilas e facelas nosas.

A quen vai dirixido?:

+ 12 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/04/2019 ata o 06/04/2019

Xa rematou

Horario:

xoves e venres ás 20.15 h

sábados 17:15 e 20:15 h

* Pídese puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3 € (carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2 €)

* Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que acredite ser beneficiario del.

SESIÓNS DO/A ESPECTADOR/A: sábados 17.15 h PREZO ÚNICO: 1.50 €

Un mozo de dezaseis anos cóase na casa dun dos seus compañeiros de colexio nun intento de inspirarse para os seus deberes de francés. O seu profesor, impresionado polo talento deste sorprendente alumno, recobra as ganas de ensinar, pero a intrusión desencadea unha serie de acontecementos incontrolables.

Director: François Ozón

Intérpretes: Fabrice Luchini e Emmanuelle Seigner

Francia, 2012 - 107 min (VOS en castelán)

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS

Formato: 35 mm

* 2012: Premios César: 6 nomeamentos, incluíndo Mellor Película

* 2012: Festival de Toronto: Premio FIPRESCI

* 2012: Festival de San Sebastián: Concha de Ouro á Mellor Película e Mellor Guión

* 2012: Premios Goya: nomeada a Mellor Película Europea

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión