Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Día do libro. Obradoiro de ilustración con tecido e fío

As Bibliotecas Municipais da Coruña celebrarán a Semana do Libro con actividades literarias do 22 ao 27 de abril baixo o lema “Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman”. Con actividades para públicos de tódalas idades: obradoiros, contacontos, recitais, faladoiros, mostras bibliográficas e unha solta de libros o 23 de abril.

A quen vai dirixido?:

Mocidade dende os 16 anos.

A quen vai dirixido:

Xuvenil

Cando:

24/04/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 17/04/2024 ata o 24/04/2024

Require inscrición.

Horario:

19.00 a 20.30 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Hashtag:

#diadolibrobmc

Contacto:

Neste obradoiro, impartido pola coruñesa Bea Lema, ilustradora e autora de cómic, as persoas participantes realizarán ilustracións con tecidos superpostos, coma se fose un collage, para crear unha escena similar as ilustracións da súa novela  gráfica "O Corpo de Cristo".

Esta técnica, estilo collage, xurdiu en Chile durante a ditadura militar e as pezas resultantes chámanse arpilleras. As obras eran realizadas por grupos de mulleres que plasmaban no seu traballo a busca dos seus familiares desaparecidos. Tempo despois, esta práctica estendeuse a outros países de América Latina.

A prática no obradorio centrarase en realizar un deseño propio. Comezarase creando a ilustración que posteriormente será trasladada á tea. A partir dese momento escolleranse os apliques a utilizar, para rematar bordando pequenos detalles. No proceso aprenderanse diferentes tipos de puntadas e técnicas para crear cada persoa a súa propia arpillera.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión