Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Día Internacional da Lingua Romaní

Xornada de difusión da Lingua Romaní.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/11/2015

Xa rematou

Horario:

De 16:00 a 21:00 horas.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Con motivo da celebración do Día Internacional da Lingua Romaní, concentraranse no Centro Ágora unha serie de actividades abertas a toda a cidadanía.

Organizado e promovido por Radio Ecca Fundación, colaboran na celebración das mesmas entidades da talla do Concello da Coruña, Unión Romaní, Fundación Secretariado Xitano e a Universidade da Coruña.

O programa de actividades será o seguinte:

16:00 h. Inauguración da exposición (5-13 de novembro). (Entrada do Centro Ágora).

"PAPUSZA - GILÍ MIRÍ NASÉL KI TI...".

Dedicada á vida e obra de Bronislawa Wajs "PAPUSZA", poeta xitana-romni polaca que escribiu as súas obras en RROMANÓ.

17:00 h. Mesa redonda (Aula 9).

"Visibilización do Pobo Xitano-Rroma nos centros educativos".

Moderada por Eduardo Dopico Prego, contará coa participación de:

- Manuel Vila López, Presidente da Asociación de Promoción e Integración Xitana de Lugo e membro de Unión Romaní España.

- Irene Jiménez Cortiñas, Mestra e Mediadora Intercultural na Fundación Secretariado Xitano de Lugo.

- Zaida Jiménez Jiménez, Mestra e Orientadora Educativa na Fundación Secretariado Xitano da Coruña.

- Jurjo Torres Santomé, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar e Director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

- Silvia Cameán Calvete, Concelleira de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña.

- Rocío Fraga Sáenz, Concelleira de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña.

19:00 h. O folclore Xitano-Romni a través da mirada do director Tony Gatlif (Aula 9).

"As músicas do Latcho Drom"

SASTIPEN THÀJ MESTIPEN (SAÚDE E LIBERDADE).

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión