Distopías cotiás, encontros mensuais nos que reflexionar sobre os impactos das tecnoloxías nas nosas vidas.
Persoas adultas
10/12/2020
Xa rematou
Actividade en liña, máis detalles da inscrición no seu evento de Meetup.
De 19.00 a 21.00 horas.
Meetup: meetup.com/Distopias-Cotias
Correo electrónico: ola@distopiascotias.gal
Distopías cotiás é espazo de reflexión -que nace da man de Coruña Dixital- sobre tecnoloxías e prácticas na contorna dixital que, ata hai ben pouco, ocupaban a esfera da ciencia ficción e que a día de hoxe xa forman parte, en maior ou menor grao, da nosa realidade cotiá.
Nesta ocasión a sesión desenvolverase en formato conversa aberta sobre a Carta de Dereitos Dixitais, elaborada por un conxunto de persoas expertas a iniciativa da "Subdirección General para la Sociedad Digital" do Goberno de España, actualmente en fase de consulta pública.
Intervirán Sofía Prosper, Santiago Saavedra e Pablo Castro -de Trackula- quen, xunto a outras voces, están a preparar unha resposta á consulta pública da Carta. Abordarase a forma e contido, así como tamén suxestións e críticas construtivas á mesma.
Esta sesión poderá seguirse tamén en directo a través de YouTube.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible