Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza a proxección do documental Doe O Courel. de Xacobe Meléndrez Fassbender
A mediados do mes de xullo de 2022, despois dunha primavera moi seca, a Serra do Courel, unha das xoias botánicas e paisaxísticas de Galicia, sufriu un grande incendio alimentado pola inxente cantidade de combustible acumulado, as condicións meteorolóxicas e a orografía. Máis de 13.000 hectáreas arrasadas polo lume no que foi o maior incendio que se lembra. Sonia e Óscar vivírono en primeira persoa, con risco para as súas vidas. Aquí contan as súas respectivas experiencias, os sentimentos que se desataron neles e formulan as dúbidas e esperanzas que poden traer as decisións que se tomen de agora en diante.
Ao finalizar a proxección haberá un debate no que se contará coa presenza de Xacobe Meléndrez.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible