LES CULPABLES o documental do mes de outubro
Para público en xeral
01/10/2026
Xoves ás 20.00 h
85 minutos
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 3,00 €
Descontos
Carné Xove, maiores 65 anos, persoas desempregadas 2,00 €
** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
RECOMÉNDASE:
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.gal
LES CULPABLES de Marta Durán Lozano
Documental
España 2026
85 minutos - VO en catalán, español subtitulado español
Non recomendada a menores de 12 anos e distintivo Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero
Despois de anos de silencio sobre o aborto que viviu na súa adolescencia, Marta recibe un cento de testemuños anónimos de mulleres que viviron o mesmo que ela. Levando estas historias á pantalla, xunto con seis mozas que dan voz e rostro a estes relatos silenciados, abre un espazo compartido onde o silenciado convértese en colectivo.
Despois da estrea no Festival de Tesalónica, preséntase a ópera prima de Marta Duran Lozano, unha obra que funciona como unha catarse: para as protagonistas, os testemuños e a directora. Unha película valente e xenerosa co espectador, que nos abre as portas ante un tema tabú como é o aborto en adolescentes.
Marta Durán Lozano
Marta Durán Lozano é directora e guionista. Licenciada en Comunicación Audiovisual, tamén cursou o Mestrado en Documental de Creación na Universidade Pompeu Fabra. No marco do mestrado empezou a desenvolver Les culpables, a súa ópera prima. A película é unha produción de Boogaloo Films e Guspira Films, e pasou pola Acción Viveiro de Mulleres Visuais, o DOK Co-Prol Market e o D'A Filme Lab, entre outros. Tamén recibiu o Premio a Mellor Proxecto en Desenvolvemento na Atlántida Mallorca Talents Lab e un dos Premios Laya 2025 pola reflexión e defensa dos dereitos humanos.
Actualmente, é residente da Residencia de Guións da Academia do Cinema Catalán, onde escribe a súa primeira película de ficción, El ruego de las fieras, coa titorización de Pol Guasch.
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades

02/09/2026

03/09/2026

04/09/2026

05/09/2026

10/09/2026

Os días 11/09/2026, 12/09/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible