Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Dúo Cassadó

Primeiro concerto da temporada 25-26

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/10/2025

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

20'00 € (menores de 25 anos: 5'00 €)

Aclamado internacionalmente pola súa exquisita musicalidade e sensibilidade, o Dúo Cassadó cautiva tanto ao público como á crítica especializada grazas á súa orixinalidade e carisma. Artistas en exclusiva de Warner Classics, o Dúo Cassadó actuou en prestixiosos auditorios e festivais de todo o mundo e realizou xiras por Israel, Canadá, Colombia, Ecuador, Arxentina, Marrocos, Túnez, Exipto, Xordania, Paquistán, China, Corea do Sur e Xapón.O seu disco "Rapsodia del Sur", galardoado co "Melómano de Oro", foi elixido entre os mellores discos do ano. En "ROJO", catalogado pola prensa internacional como unha gravación de referencia, realizaron a primeira gravación mundial da "Fantasía Española" escrita por Ernesto Halffter. "Hypnotik" é o seu novo traballo discográfico, un disco conceptual con gran proxección internacional.Comprometidos coa creación actual, estrearon "Sibilas frente al espejo", obra dedicada ao Dúo Cassadó composta por Tomás Marco; "Páginas de Arena", escrita pola compositora Laura Vega; e "Del Aire que me das", de Marina Ortega, estreada recentemente no Palau de la Música Catalana. O Dúo Cassadó presentou recentemente "Hechizo y Duende", unha homenaxe a Federico García Lorca, e esta tempada presenta "Esencia de los Elementos".

Venda de entradas:

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do teatro, dende as 16.00 h do día do concerto

Venda en liña

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión