O galego Darío Autrán regresa á dirección con 'O cuarto de Mona', unha película coa que cambia o drama pola comedia, aínda que esta oculte unha situación tremendamente dramática. Un proxecto realizado con escaso orzamento e que custou sacar adiante debido ao estalido da pandemia.
Para público en xeral
Dende o 24/03/2022 ata o 26/03/2022
Xa rematou
Xoves e venres: 20.00 h
Sábados: 17.30 e 20.00 h
Prezo: 3,00€
Descontos carné novo, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00€
Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.
Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
· Usar máscara de forma obrigatoria
· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.
· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe facelo con entrada
- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forum@coruna.gal
Mona (Sabela Hermida) é unha muller á que todo lle vai mal. En plena crise dos corenta, sen traballo, sen parella, sen diñeiro e co soño de ser actriz decide terminar os seus días tirándose por unha ponte, con todo, unhas chamadas no último momento lembraranlle que queda pouco para os seus aniversarios.
O que parece que pode ser un intento de volver á normalidade na súa vida desencadeará nunha semana frenética con todo tipo de situacións disparatadas.
Con : Sabela Hermida e Isabel Branco
España - 2021 - 73 min
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible