Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O documental do mes: DEMONSTRATION

Nos dous días de folga xeral no 2012, 32 estudantes do Máster en Documental de Creación da Universidade Pompeu Fabra lánzanse á rúa coas súas cámaras para rexistrar os feitos dende diferentes puntos de vista, seguindo as indicacións do director ruso Victor Kossakovsky.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/10/2014, de 20:00 a 21:30

Xa rematou

Horario:

20.00 horas

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

2,50 € Entrada normal. 2,00 € para maiores de 65 anos, desempregados e carné xove.

Venda de entradas:

  • Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).
  • Despacho do Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h (pago en efectivo ou con tarxeta).
  • Despacho do Ágora: mesmo día da proxección dende unha hora antes (pagos en efectivo).
  • Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Observacións:

VO en catalán e en castelán, subtitulada para persoas xordas.

2012, un ano de protestas masivas en todo o mundo, España é escenario de dúas folgas xerais contra os plans de austeridade do goberno. En Barcelona, os manifestantes congréganse en diversos puntos da cidade e a policía utiliza balas de goma para controlalos. As tendas e oficinas pechan, unhas por vontade propia, outras forzadas polos acontecementos. No mesmo momento, no Teatro do Liceu, represéntase o ballet Don Quixote de Ludwig Minkus.

Nos dous días de folga xeral, 32 estudantes do Máster en Documental de Creación da Universidade Pompeu Fabra lánzanse á rúa coas súas cámaras para rexistrar os feitos dende diferentes puntos de vista, seguindo as indicacións do director ruso Victor Kossakovsky. O resultado é un filme-ballet en que os personaxes, os sons e as situacións atopados combínanse coa música de Minkus nunha mestura reveladora que produce un efecto imprevisible.

O DIRECTOR

Victor Kossakovsky nacido en San Petersburgo en 1961. Traballa como axudante de cámara, axudante de dirección e editor dende 1978. Estudou guión e dirección de 1986 a 1988. Dirixiu 10 películas que gañaron máis de 100 premios: Losev, The other day, The Belovs, Wednesday, Pavel and Lyalya, I loved you…, Tishe!, Svyato, Vivan las Antípodas! e Demonstration xunto a 32 estudantes.

PREMIOS E FESTIVAIS

  • IDFA – Países Baixos, 2013
  • MOMA Documentary Film Festival – EUA, 2014
  • True/False Film Festival - EUA, 2014
  • Hot Docs – Canadá, 2014

FICHA TÉCNICA (España, 2013)

  • Postproducción de son: Juan Sánchez 'Cuti'
  • Produción: Jordi Balló, Eva Vila
  • Dirección, guión, fotografía e montaxe: Victor Kossakovsky e 32 estudantes
  • Música: Ballet “Don Quixote” de Ludwig Minkus
  • Produtoras: Victor Kossakovsky Films e Máster en Documental de Creación UPF

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión