Unha parella de bailaríns aparece unha mañá na aula dun instituto. É luns e anúncianlle a un grupo de adolescentes que teñen cinco días para subirse a un escenario e bailar. Unha semana para cambiar as cousas.
Para público en xeral
04/11/2014, de 20:00 a 21:30
Xa rematou
20.00 horas
77 minutos
2,50 € entrada normal. 2,00 € para maiores de 65 anos, desempregados e carné xove.
Venda de entradas:
V.O. en castelán, inglés, alemán e vasco; subtitulada para persoas xordas.
Un pequeno prazo pero un gran reto: mover as persoas cando o mundo nos paraliza. A danza obriga a eses mozos a romper os seus roles xusto no momento das súas vidas no que os roles sociais están a forxarse. O líder deixa de ser o máis admirado, o tímido dá un paso adiante... Bailar obrígalles a tocarse. Comunícanse, iguálanse. Algún non se liberará ata o último instante.
Wilfried Van Poppel e Amaya Lubeigt son os coreógrafos. El holandés, ela vasca. A danza é a linguaxe común. Non importa o lugar. Cinco días, unha clase de adolescentes, un microcosmos no que sucede un pequeno big-bang.
OS DIRECTORES
Rafa Molés Vilar é xornalista e guionista. No 2012, recibiu o premio de "Periodista do Ano" na III Edición dos Premios de Periodismo da Comunidade Valenciana. É o creador do equipo de investigación de RTVV e o autor de 18 documentais televisivos.
Pepe Andreu Ibarra é un produtor licenciado en Ciencias da Información, Imaxe Visual e Auditiva. Ten 15 anos de experiencia como produtor televisivo, director de documentais e reporteiro de informativos.
FICHA TÉCNICA (España, 2014) V.O. subt. castelán
PREMIOS E FESTIVAIS
DocsBarcelona. España, 2014

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible