Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Elefantes, "Nueve canciones de amor y una de esperanza"

Desde 1994 e con 10 discos editados, Elefantes enchéronnos de "Azul", fíxonos sentir "Hombres Pez", lembrounos que "Somos nubes blancas" e convidounos a contemplar "La forma de mover tus manos". Shuarma, Hugo, Julio e Jordi non coñecen medias tintas. Son química pura.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/02/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Falan de amores e desamores, de encontros e desencontros, pero tamén de sensacións, do transcendente da vida, do ser humano, e saben crear atmosferas moi poéticas en letras e música. Existencialismo feito canción. As súas melodías non buscan o comercial, non obstante as súas cancións pégansenos con moita facilidade e ese é quizais o seu maior logro, saber transcender as leis da industria musical e paradoxalmente conquistar o gran público, porque hai algo moi magnético nas súas cancións. Atrápannos á primeira. Son eléctricos, electrizantes, saben beber de todo tipo de xéneros e fusionalos para facelos propios.

Despois de varios anos de parón volven con El Rinoceronte, aclamado por crítica e público como un dos mellores discos de 2014, que os devolveu directamente á primeira liña con todas as entradas vendidas nos seus concertos de presentación, e destacadas presenzas nos maiores festivais do país. "El Rinoceronte" foi nomeado aos Grammy Latinos como mellor disco de pop rock.

A comezos de 2016 regálannos o espléndido "Nueve canciones de amor y una de esperanza". Un disco conceptual sobre o amor en todas as súas facetas, con colaboracións da categoría de Enrique Bunbury en "Duele" ou Love of Lesbian en "Te quiero" de José Luis Perales. O disco entra directamente ao 2 en vendas e a banda esgota as entradas dos nove primeiros concertos da extensa xira que os levará por toda España, Reino Unido e México.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión