Encontro con Berta Capdevila e Aina Buforn, autoras do libro "Manual para la madrastra moderna. Como vivir en familia enlazada sin perder la cabeza".
Familias enlazadas
Infantil, Persoas adultas, Xuvenil, Familias
25/10/2025
Xa rematou
Dende o 18/10/2025 ata o 25/10/2025
Prazas limitadas
de 11:30 a 13:30 h.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
30
981 189 886
Que acontece cando comezas unha relación con alguén que xa ten fillos? Segundo o INE, cada ano hai 80.000 divorcios con fillos e fillas implicadas e os datos confirman que hai arredor de 800.000 familias enlazadas. Pasan entre 4 e 7 anos desde que se forma unha familia enlazada até que as persoas senten que están cómodas neste novo modelo familiar. As familias enlazadas son un modelo que vai en aumento, por iso, precisamos comezar a falar de novas figuras familiares con normalidade.
Cal é o papel dunha madrastra ou dun padrastro?
Que facer se a miña parella ten fillos/as e me sinto desprazada/o cada vez que están na casa?
É normal que á miña parella lle custe aceptar aos meus fillos/as?
A esta e outras moitas cuestións darán resposta Aina Buforn e Berta Capdevila, autoras do libro "Manual para la madrastra moderna: Cómo vivir en familia enlazada sin perder la cabeza" e fundadoras da comunidade online Ser Madrastra e o podcast Ser Madrastra, no encontro que terá lugar na Biblioteca Ágora o sábado 25 de outubro ás 11.30 horas.
Tamén che pode interesar

08/12/2025

09/12/2025 ás 19:00
Dende o 01/12/2025 ata o 09/12/2025
Entrada libre ata completar o aforamento da sala

09/12/2025

09/12/2025
Dende o 02/12/2025 ata o 09/12/2025
Require inscrición.

10/12/2025
Dende o 03/12/2025 ata o 10/12/2025
Require inscrición.

10/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible