Unha nova proposta dentro do ciclo "A creación literaria e os seus autores: encontros con escritores", actividade organizada polo Centro de Formación e Recursos na Coruña (CEFORE)
Para público en xeral
02/02/2017
Xa rematou
18.30 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Libre e gratuíta ata completar capacidade
Tel.: 981 189 888
Guillermo Arriaga (Cidade de México, 1958) é un escritor, produtor e director cinematográfico mexicano. Publicou as novelas Escuadrón Guillotina (1999), Un dulce olor a muerte (1994), El búfalo de la noche (1999) e a colección de contos Retorno 201. A súa obra foi traducida a numerosos idiomas. Escribiu os guións das películas Amores perros, 21 gramos e Babel, que forman unha triloxía que apostou pola narrativa non lineal e que reflexiona sobre o peso da vida por encima da morte. Escribiu ademais Los tres entierros de Melquíades Estrada. En 2008 presentou a súa ópera prima como director: The Burning Plain. Recentemente produciu e coescribiu a historia de Desde allá, primeira película iberoamericana en gañar o León de Ouro no Festival de Cinema de Venecia. De recente publicación é a súa novela El salvaxe (Alfaguara, 2017) unha historia de vinganza onde convive unha entrañable historia de amor que impide que o protagonista se deslice cara á autodestrución.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible