A estrea consistirá na presentación a cargo dos doutores que participan no documental e do seu realizador Raúl Veiga, proxección da longametraxe e coloquio, en que participarían os mencionados doutores e Arturo González Quintela, presidente da Sociedade Galega de Medicina Interna e profesor titular da USC.
Para público en xeral
07/05/2015, de 20:00 a 21:30
Xa rematou
20.00 horas
2 horas
Libre ata completar capacidade.
SINOPSE:
Nun momento no que o noso sistema de saúde se enfronta a graves problemas, acentuados polo progresivo envellecemento da poboación, imponse reflexionar. Para facelo, o Dr. Fernando Diz-Lois e os seus colegas, os doutores Fernando de la Iglesia e Emilio Casariego, reformulan a cuestión dende a súa raíz no encontro entre o médico e o paciente, mostrándonos cómo actúa a mirada médica e confrontándonos coa necesidade dun cambio de modelo.
Faise preciso ir máis aló dunha medicina caracterizada polo afastamento entre o médico e o paciente, a estandarización da aproximación ao enfermo e a sobreutilización da tecnoloxía e as terapias farmacolóxicas, co consecuente aumento do gasto e unha crecente quebra no acompañamento da persoa enferma.
Para que estas reflexións teñan plena capacidade de interesar ao espectador, o noso documental ilústraas con dramatizacións de varios casos clínicos, comentadas polo Dr. Fernando Diz-Lois e interpretadas por actores de primeiro nivel, as cales nos permiten unir información e emoción da forma máis eficaz. Unha nova medicina ten que partir de quen padece a dor da enfermidade: o ser humano e, por iso, a cura só pode ser achada a través do encontro con outro ser humano: o médico atento.
FICHA TÉCNICA
Duración: 61 min.
Xénero: longametraxe documental.
EQUIPO ARTÍSTICO: Víctor Mosqueira, Pilar Pereira, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Gonzalo Uriarte, Xosé Barato, Mónica García. Coa participación especial de Chete Lera.
Cos doutores: Fernando Diz-Lois, Fernando de la Iglesia, Emilio Casariego.
EQUIPO TÉCNICO:

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible