Tapices, azulexos, esculturas... obras que van do expresionismo ao poscubismo, da realidade distorsionada á abstracción.
Para público en xeral
Dende o 20/05/2015 ata o 21/06/2015
Xa rematou
De martes a sábado 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h.
Domingos e festivos de 10.30 a 14.00 h.
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña
Entrada libre.
Deseños que mostran unha combinación de motivos e de procedencias: inspiración africana no animismo das figuras e na súa inxenuidade de formulacións e miradas e tamén incidencia do carácter mediterráneo, elaborado, sensual, refinado, no que se denota unhas ansias de progreso e de incidir no rebuscado da vida.
Obra fresca, directa e persoal. Produto do seu carácter independente, amante da liberdade e da cor. Cor tratada como entidade, como personalidade.
En resumo, as tapicerías e azulexos de Luís Soares pódense definir como naífs no seu contexto máis íntimo, abstractos na súa definición, cubistas a nivel de formas, expresionistas na súa confección, e tremendamente propios, persoais e únicos.

Dende o 11/06/2026 ata o 12/07/2026

Dende o 12/05/2026 ata o 31/07/2026
Exposición ao aire libre na rúa Compostela

Dende o 19/10/2026 ata o 02/11/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible