A Galería Atlántica Centro de Arte inaugura o 29 de maio ás 20.00 horas a exposición do artista Xulio García Rivas.
Para público en xeral
Dende o 29/05/2015 ata o 30/07/2015
Xa rematou
Mañás de martes a sábado: de 11.00 a 14.00 h
Tardes de luns a venres: de 18.00 a 21.00 h
Atlántica Centro de Arte. Rúa Novoa Santos 13, Bj. 15006 A Coruña
Gratuíta.
Xulio García Rivas tennos afeitos a gozar dunha obra moi persoal na que, coa forza da pincelada, o movemento e o dominio da cor conséguenos trasladar a mundos nos que a serenidade e a paz son os protagonistas.
A súa xenerosidade como persoa está plasmada na súa obra, convidando o espectador a xerar e crear o final de cada un dos seus traballos. A insinuación da cor xunto coa dominada técnica permite que a última pincelada lla demos os espectadores.
Nesta nova exposición, Xulio García Rivas dá un paso máis adiante na súa traxectoria. Unha mostra na que emprega un soporte para o seu traballo:
o papel en gran formato. Este novo soporte permitiulle gozar, en dimensións máis grandes do que nos ten afeitos, da liberdade necesaria para crear novas liñas de traballo e investigación achegándose, nesta ocasión, a unha das súas estéticas máis admiradas: a cultura oriental.
Unha viaxe á harmonía que nos achega ao mundo da paisaxe e os xardíns xaponeses cheos de espiritualidade, creatividade, enerxía, cor, orde e equilibrio, pero dentro do estilo propio e característico da obra de Xulio.
O traballo de Xulio é un fiel reflexo da personalidade e valores presentes na súa vida. Un mundo de harmonía, orde, luz, cor e de xenerosidade facilitándolle ao espectador que xere un mundo propio dentro das súas obras.
O dominio da paleta de cor e a técnica traballando con acrílicos, acuarelas e tinta "chica" consegue unha fusión de cores e texturas cheas de vida, alegría e positividade, imprescindibles nestes momentos.
O seu constante traballo e procura de novos mundos, unido cunha técnica cada vez máis depurada, consegue día a día quedar co esencial da pintura para lle transmitir fortes e profundas sensacións e sentimentos ao espectador.

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible