A Asociación Cultural Negus celebra o Festival Inclusivo "On d Bass Vol.8"
Para público en xeral
06/06/2026
16.30 h
Parque de Santa Margarita. Glorieta América s/n. 15005 A Coruña
Entrada libre
Asociación Cultural Negus
O festival inclusivo segue crecendo e este 2026 a oitava edición do festival "On de Bass" volverase a celebrar ao aire libre, no Parque de Santa Margarita da Coruña o vindeiro sábado 6 de xuño a partir das 16:30 h. Este festival é unha celebración do Fin da actividade de Dj "Inclusivo", talleres impartidos pola Asociación Cultural Negus a usuarios e usuarias de entidades coruñesas que traballan con persoas con algún tipo de discapacidade ou con persoas en risco de exclusión social, e que está enmarcado dentro do proxecto Cultura Accesible, Cultura Inclusiva da Fundación Emalcsa e o Concello da Coruña e coa que colaboran a Fundación María José Jove e o grupo Vegalsa-Eroski.
O "On d Bass" é un encontro familiar e aberto a todos os públicos no que a música será a protagonista nunha xornada inclusiva na que participarán máis de 50 alumnos dos talleres de Dj Inclusivo, así como o colectivo galego formado por mulleres "Dub in"Soul . A continuación un dos máis veteranos e queridos non só da escena soundsystem galega, senón nacional Manés aka Soundkilla. Para terminar coa gran actuación dun dos selectores máis recoñecidos e activos actualmente en Europa, Alpha Steppa.
Todas estas sesións de Dj´s soarán a través do primeiro sistema de son artesán de Galicia, Soundkilla Soundsystem.

05/06/2026

06/06/2026

06/06/2026

10/06/2026

10/06/2026

12/06/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible