O venres 25 a sala Túnel do Coliseum volverá vibrar co Festival Solidario Coruña En Directo.
Para público en xeral
25/09/2015
Xa rematou
20.00 h.
Sala O Túnel . Avda. Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña
A entrada ao concerto será con invitación que deberá ir acompañada, con 3 kg/litros de alimentos non perecedoiros.
Os grupos dos Locais de Ensaio da Concellería de Participación e Innovación Democrática apoiarán coa súa música unha recollida de alimentos a favor da Cociña Económica.
Formacións musicais con bagaxe como After All, Avézar, Us In the Mirror, Breathing Loud, Hateout ... compartirán posta en escena con grupos que soben por primeira vez ao escenario neste festival como Harakiris, Psychoducks e The Lemonade Society.
O evento contará cun mestre de cerimonias moi especial, o actor coruñés Daniel Currás será quen levará a batuta neste evento solidario e que dará a coñecer aos artistas cos que compartirá escenario.
A entrada ao concerto será con invitación que deberá ir acompañada, con 3 kg/litros de alimentos non perecedoiros que serán entregados ao acceso á Sala Túnel.
As invitacións poderán retirarse no Centro Municipal de Información Xuvenil, ademais de nos propios Locais de Ensaio. En caso de esgotarse, poderanse retirar tamén no acceso á sala, mentres non se supere a capacidade.
Entidades

10/04/2026

10/04/2026

11/04/2026

17/04/2026

17/04/2026

18/04/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible