Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

FITEUC Ed 28

Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/04/2023 ata o 26/04/2023

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Universidade da Coruña - Normal

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Documentos:

2023_fiteuc_programa_A41.pdf (3 MB)

PROGRAMA

Día 18 de abril de 2023

ALENTO - Espazo de Danza da USC

Coreógrafa: Rosa Acuña

Intérpretes: Ayla Leiva /Sonia L.Pumarega / Carmen Sarmiento

Duración aprox. 17 minutos

Alento é o primeiro e o último que temos nesta viaxe de vida. O que nos impulsa á acción e que nos frea ante as situacións difíciles. O que nos anima a bailar e a expresar. Que é o que che dá e quita o alento a ti?

CORPOS CELESTES - Aula de Danza da UVigo - Campus de Ourense

Intérpretes: Ainhoa Viñuela / Alicia Fraga / Ánxela González/ Daniele Tommasini / Diego Negro / Belén Ferro / Rosa Puga /Laura Lozano / Mercedes Ferro / Sira Gonzálezo.

Duración aprox. 15 minutos

Traballo de investigación sobre as traxectorias dos corpos celestes e as diferentes densidades do aire.

Á ESPERA DE ... - Aula de Danza Normal UDC

Coreografía: Alba Fernández Cotelo (coreografía colectiva)

Dirección: Alba Fernández Cotelo

Intérpretes: Daniela Castellanos / Remedios Cuba / Cristina Nogueira / AlfonsoLouro / Elías Álvarez / Fabiola Fraga / Tania Galán / Estefanía Calo /Ana Blanco / Aida García / Jacqueline Reimúndez / Marta Argüelles/ Lucía Castro

Duración aprox. 17 minutos

Pasamos a vida agardando por algo... "Á espera de..." é unha proposta escénica que reflexiona desde o movemento sobre o acto de esperar. Inspirada na obra de Samuel Beckett "Á espera de Godot".

Día 25 de abril de 2023

VERÁN DO 17 - Estrea da Aula de Teatro Normal UDC

Dirección: Rubén Ruibal e Laura Mariño Sánchez

Dramaturxia: Rubén Ruibal a partir de improvisacións e creación colectiva

Banda sonora: Andrés Rey

Intérpretes: Andrés Rey / Laura Pereira / R., Pedro / F. Lago / Pablo G. Lagoa / Elena Canido / Xeila Santiago L. / David M. Reboredo / Elena G. Ortigueira

Duración aprox. 45 minutos

Un suceso antigo pero aínda terrible. Un contratempo recente. Os cambios na vida. Crecer. O medo. Todo vai marcando a existencia de Sabela Roque, Toni e Elvis, que de súpeto senten que xa están noutra idade. Anos despois, un encontro casual co profesor de Física, Océano, leva a cuadrilla, e a todo o mundo, a lembrar aquel verán do 17.

Día 26 de abril de 2023

OBSERVACIÓNS SOBRE A FELICIDADE (COMPOSICIÓN E MANEXO) - Función da aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela

Dirección: Roberto Salgueiro

Dramaturxia: Roberto Salgueiro, a partir de textos propios e tamén de Aira Portos e Laura López

Intérpretes: Bárbara María Domínguez / Laura López / Aira Portos / Laura Codesido / Breixo Barreiro.

Duración aprox. 50 minutos.

- Estás equivocada. Falar da felicidade é falar de ciencia. A felicidade non é un asunto relativo ao espírito ou ao intanxible: é unha cuestión científica. A felicidade é unha cuestión de neurotransmisores, que son as biomoléculas que transmiten información entre neuronas; ou dende unha neurona ata as glándulas ou as células do noso organismo.

- O que digas. Pero a felicidade non é un asunto, medible ou pesable. Non é algo verificable, suxeito ao esquema ensaio-erro.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión