Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Gala fin de curso Escola de Danza Druída

Un ano máis a Escola de Danza Druída celebra o seu festival de fin de curso no auditorio do Centro Ágora.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/06/2023

Xa rematou

Horario:

19.00 h

Pídese puntualidade

Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 9,00 €

Menores de 2 anos: 1,00 €

Organiza:

Casa de Andalucía

Don Quixote (ballet)

Don Quixote na actualidade refírese case exclusivamente á versión con coreografía e libreto de Marius Petipa e música de Ludwig Minkus, con prólogo e tres actos.

A obra de Petipa baséase libremente nun capítulo da novela Don Quixote da Mancha, de Miguel de Cervantes, no que se relata o romance entre o barbeiro Basilio e a moza Quiteria (Kitri no ballet).

Prólogo

Don Quixote está no seu estudio, lendo libros de cabalarías e cae durmido. Nos seus soños ve a súa amada Dulcinea. Ao espertar, trastornado polo que leu, decide armarse cabaleiro andante e pídelle ao seu criado Sancho Panza que o vista cunha armadura e sae en busca de aventuras.

Primeiro acto

Na praza dun mercado, a moza Kitri é obrigada a comprometerse en matrimonio co home rico do pobo, pero Kitri ama ao barbeiro Basilio. Don Quixote chega ao pobo e confunde a Kitri coa súa amada ideal, Dulcinea. Kitri e Basilio foxen.

Segundo acto

Kitri e Basilio chegan a un campamento xitano. Os xitanos acóllenos e entón aparece Don Quixote con Sancho; os xitanos convídano aos bailes e teatros de monicreques, e Don Quixote, na súa tolemia, confunde os monicreques con soldados inimigos e aos muíños de vento con xigantes hostís. Pelexa cos muíños e cae desmaiado, todos foxen deixándoo só, e soña que está no xardín da súa amada Dulcinea, xunto ás dríadas do bosque. Ao espertar do seu soño está o seu amigo Sancho agardándoo. e continúan as súas aventuras.

Terceiro acto

Á taberna do pobo chegan Basilio e Kitri a saúdar os amigos. Lémbranlle a Kitri o seu compromiso de voda. De súpeto entra un descoñecido, que non é máis que Basilio, e nun ataque de suposta tolemia finxe suicidarse e pide como último desexo casar con Kitri. A nai de Kitri accede, e entón Basilio deixa de finxir e únese a Kitri.

Na praza do pobo celébranse as vodas de Kitri e Basilio.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Ágora: desde unha hora antes do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión