14 estudantes de 10 centros educativos do Concello subirán ao escenario para presentar os seus monólogos.
Para público en xeral
07/05/2026
Xa rematou
A partir das 17.00 horas
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
O programa educativo Gargallada. Novas xeracións na comedia 2025-26 , que busca dinamizar o uso da lingua galega a través do humor, o formato monólogo e a expresión oral, en colaboración con humoristas profesionais, celebra a súa gala final o vindeiro xoves 7 de maio, ás 17.00 horas no auditorio do Centro Sociocultural Ágora.
Tras as etapas de formación inicial (novembro-decembro), formación do proceso creativo (xaneiro) e formación de posta en escena (febreiro), a presentación dos monólogos, que han de ser en galego e ter unha duración de entre 3 e 5 minutos, levarase a cabo nunha gala final na que un xurado cualificado elixirá os/as monologuistas gañadores/as nas distintas categorías (alumnado de 1.º-2.º de ESO, alumnado de 3.º-4.º de ESO e FP básica e alumnado de bacharelato e grao medio de FP).
En total, 14 estudantes (7 de 1.º e 2.º de ESO, 4 de 3.º e 4.º de ESO e 3 de bacharelato) de 10 centros educativos do Concello da Coruña subirán ao escenario para presentar os seus monólogos, froito dun intenso proceso de aprendizaxe guiada por profesionais do humor entre 30 grupos de 752 alumnos/as.
Haberá unha persoa gañadora por categoría, que recibirá un premio consistente en 150 €. O xurado poderá propoñer outras mencións especiais, sen prestación económica, e no seu ditame poderá deixar deserto algún premio.

26/06/2026
Realizarase un ensaio o luns 22 de xuño, ás 16.30 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible