Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gargallada. Novas xeracións na comedia 2025-26

Este programa busca dinamizar o uso da lingua galega a través do humor, o formato monólogo e a expresión oral, proporcionándolle ao alumnado unha experiencia creativa e enriquecedora, en colaboración con humoristas profesionais. Realizar talleres formativos de introdución á interpretación de monólogos cómicos, previos á gala, para potenciar a comprensión e expresión oral en lingua galega, así como a creatividade e a espontaneidade na representación.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH, FP básica e de grao medio dos centros educativos do Concello da Coruña

Anual

Prezo / Custo:

Gratuíto

Esta actividade, enmarcada dentro da dinamización lingüística, está baseada na creación e posta en escena de monólogos da man de humoristas profesionais da nosa cidade. Non só potenciará a comprensión e a expresión oral, senón que tamén brindará un espazo único para descubrir novos talentos cómicos na aula.

Os monólogos en galego terán unha duración mínima de 3 minutos e máxima de 5. Para garantir unha duración adecuada, a versión escrita deberá contar cunha extensión aproximada de 400 a 700 palabras.

CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA:

O programa consta de:

  • Talleres formativos de iniciación á creación e interpretación de monólogos, co obxecto de darlle ferramentas ao alumnado para poder elaborar o texto e ter recursos para a posta en escena. A empresa adxudicataria, en coordinación co SME, establecerá os períodos formativos.

1. Formación inicial para o alumnado: o alumnado participará en sesións de formación que abordarán a definición do tema do monólogo e a súa aproximación á comedia no tema descrito. Ao finalizar, asignarase a un/unha profesional da comedia, que guiará o grupo durante o resto do proceso.

2. Proceso creativo para desenvolver un texto e selección: todo o grupo traballará en equipo no proceso creativo e na elaboración do monólogo en galego normativo, que será tutelado e corrixido por profesionais, ata puír o resultado.

3. Posta en escena: os/as profesionais de cada centro visitarán o alumnado nas súas aulas para preparar a posta en escena e escoller a un ou unha representante de cada grupo que defenderá o monólogo final na gala do concurso.

  • Realización do concurso: a presentación dos monólogos farase nunha gala final na que un xurado cualificado elixirá os/as monologuistas gañadores nas distintas categorías.

A actividade culminará nunha gala cun formato profesional, que terá lugar no mes de marzo.

A gala pecharase coa entrega de premios.

Premios:

Haberá un grupo gañador por cada categoría, consistente en 150,00 €, ademais de galardóns.

O xurado poderá propoñer outras mencións especiais, sen prestación económica e no seu veredicto poderá deixar deserto algún premio.

Cando:

Dende o 04/11/2025 ata o 14/04/2026

Formación inicial: novembro e decembro.

Formacion do proceso creativo: xaneiro

Formación de posta en escena: febreiro

Gala: martes 14 de abril de 2026 (data por confirmar)

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 15/12/2025

Ficha de solicitude

O alumnado será clasificado nas seguintes categorías:

  • Categoría A: alumnado de 1.º e 2.º da ESO
  • Categoría B: alumnado de 3.º e 4.º da ESO e FP Básica
  • Categoría C: alumnado de Bacharelato e ciclos formativos de grao medio de FP.

O SME poderá variar a composición das 3 categorías, en función do número de grupos inscritos de cada nivel educativo co obxecto de equilibrar o número de grupos que compitan en cada categoría.

Os centros educativos poderán inscribir un máximo de tres grupos por categoría.

A selección dos grupos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro, de tal maneira que, se se superan as previsións, a prioridade establecerase por centros, é dicir, se un centro presenta varios grupos, a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro, e sempre tendo en conta que a participación de centros privados non concertados non poderá superar, en ningún caso, nin o 10% do total dos centros participantes, nin o 15% do total dos grupos participantes.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200, ext.: 10179

educación@coruna.gal

Requisitos:

  • Deberá alcanzarse un número mínimo de 10 centros participantes, dos cales polo menos o 90% deberán ser públicos ou concertados; o número máximo de grupos participantes non poderá superar os 30 nin ser inferior a 10 e os grupos procedentes de centros privados non concertados non poderán superar o 15% do total dos grupos participantes.
  • De non alcanzar estes mínimos requiridos de centros ou grupos, o programa non se desenvolverá.

Organiza:

Servizo Municipal de Educación

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión