'Habemus Papam' está dirixida por Nani Moretti, quen á vez interpreta a un psicanalista que tentará axudar un papa en crise, ao que dá vida Michel Piccoli.
Para público en xeral
Os días 01/06/2017, 02/06/2017, 03/06/2017
Xa rematou
- xoves 20.30 h, venres 20.30 e 23.00 h e sábados 17.30 e 20.30 h.
* Pídese puntualidade. Unha vez comezada a proxección, non se permitirá o acceso á sala.
3 euros (carné xove, +65 anos ou desempregados, 2,00 euros )
* Para acceder aos descontos, é necesario presentar o documento que acredite ser unha persoa beneficiaria.
Sesións do espectador: venres 23.00 h e sábados 17.30 h . Prezo único: 1,50 euros
981 184 293
Tras a morte dun papa, bispos, arcebispos e cardeais de todo o mundo reúnense en Conclave para elixiren o seu sucesor. Despois de varias votacións infrutuosas, que se anuncian coa saída dunha fumareda negra, vese, por fin, a "fumata bianca" que indica que "habemus papam". Os fieis que se congregaron na Praza de San Pedro esperan con entusiasmo e fervor que o novo pontífice, seguindo a tradición, apareza nunha das xanelas que dan á praza. Con todo, esperan en balde. Por algunha razón, o novo Papa non parece estar en condicións de soportar o peso de tal responsabilidade. Mentres a inquietude se apodera do mundo católico, no Vaticano procúrase desesperadamente unha solución para superar a crise.
Con Margherita Buy, Michel Piccoli
Italia, 2011- 104 min (VOS en castelán)
APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS
Formato: 35 mm
* Festival de Cannes 2011: Sección Oficial a Concurso

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible