Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Historias de arrepío contadas por Paula Carballeira e O Agra conta! do IES Agra, no Festival Con voz de primavera

Un ano máis o alumnado do IES Agra comparte o escenario do Festival Con voz de Primavera, que este ano intervén para facermos un percorrido pola evolución dos e das contacontos de Galiza para dar paso a unha das nosas grandes narradoras: Paula Carballeira.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/04/2026

Horario:

18:00 h 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra".

Contacto:

agra@galizacultura.gal

Paula Carballeira é narradora oral profesional desde 1994, actriz, directora e escritora. Ten unha ampla produción literaria en narrativa e teatro, aínda que tamén escribe poesía e ensaio. Moitos dos seus libros foron premiados e traducidos a diferentes idiomas.

Como dramaturga recibiu o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil nos anos 2006, 2011 e 2018, o premio Frei Martín Sarmiento no ano 2016, o premio Isaac Díaz Pardo e inclusión na Lista Internacional White Ravens no ano 2007; o premio Lecturas nos anos 2001 e 2002. En 2023 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática do Ministerio de Cultura e Deporte, pola obra As alumnas.

Como actriz, é membro da compañía teatral Berrobambán desde 1996 e participou en varias series e programas da Televisión de Galicia. Paula vén contarnos as súas Historias de arrepío, ou sexa, os chamados "contos de medo".O medo é unha das poucas cousas que non buscas. O medo sabe como atoparte. Os chamados "contos de medo" só perseguen o arrepío do momento, unha lixeira inquedanza, unha sensación de vento frío que che aloumiña o pescozo. Candeas, aparecidos, ánimas en pena, agoiros, avisos...Ben se pode dicir que o arrepío forma parte do outono e do inverno, e de alí proceden a maioría das historias, das longas e escuras noites coa néboa ás portas. Contos que foron tecendo narradoras e narradores anónimos, ás veces recollidos por escrito, a maioría transmitidos oralmente para lembrarnos que a morte está á espreita, e quepor iso hai que sentir con intensidade, tremer e rir cando o medo nolo permita, para esquecer por un momento o que agochan as tebras.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión