Celebramos o International Games Month nas Bibliotecas Municipais da Coruña.
Público infantil de 6 a 12 anos.
Infantil
21/11/2025
Xa rematou
Dende o 14/11/2025 ata o 21/11/2025
Require inscrición.
De 18.00 a 20.00 h.
2 h
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
16
Tel.: 981 189 886
O venres 21 de novembro, en horario de 18.00 a 20.00, temos unha xornada de xogos dirixida a público infantil con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos na Biblioteca Municipal Ágora.
As prazas son limitadas e a inscrición para a actividade ábrese o venres 14 de novembro.
Un ano máis, sumámonos a esta interesante iniciativa promovida por unha organización internacional do ámbito bibliotecario, a American Library Association (ALA), que aposta por poñer en valor o importante papel que poden exercer os xogos nas bibliotecas.
A actividade consiste na práctica e aprendizaxe de diversos xogos de mesa, para nenas e nenos de 6 a 12 anos. A selección dos xogos utilizados na sesión estará adaptada e deseñada en función do perfil e idades das persoas participantes.
Dispoñerase de 4 mesas de xogo, formadas por grupos de ata 4 participantes. As partidas terán unha duración curta e dinámica (ata 30 minutos) e estarán acompañados de 2 monitores de Metrópolis Cómics que farán as demostracións e explicarán os xogos.
Tamén che pode interesar

23/05/2026
Apertura do prazo de inscrición: mércores 13 de maio ás 10.00 h

Dende o 02/03/2026 ás 18:30 ata o 25/05/2026 ás 18:30 , os luns
Dende o 18/02/2026 ata o 02/03/2026
Inscrición en liña, ou ben en persoa na Biblioteca Municipal de Monte Alto ou tamén por teléfono chamando ao número 981184382

Dende o 25/05/2026 ata o 26/05/2026
Dende o 18/05/2026 ata o 24/05/2026
Inscrición en liña

Dende o 20/04/2026 ata o 05/06/2026
NÚMERO DO SORTEO

06/06/2026
Dende o 30/05/2026 ata o 05/06/2026
Require inscrición

Dende o 03/02/2026 ás 16:00 ata o 11/06/2026 ás 18:00 , os martes e xoves
Dende o 19/01/2026 ata o 03/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible