Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Inventio

Espectáculo familiar de gran formato, no que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses. Unha viaxe sensorial, un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 13/01/2023, 14/01/2023

Xa rematou

Horario:

13 de xaneiro de 2023: 20.00 h

14 de xaneiro de 2023: 17.00 e 20.30 h

Apertura de portas: 30 min antes da función

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 25,00 €

Palco central: 20,00 €

Palco lateral: 18,00 €

Principal: 15,00 €

1.ª fila de principal (visibilidade reducida): 13,00 €

*Desconto do 20% para carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

*Desconto do 25% para familia numerosa

**A documentación que acredite o desconto debe presentarse no momento de mercar a entrada e de acceder ao teatro.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Thinking Up Events SL

Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena futurista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e cegador, cun ritmo vertixinoso, nunha gran produción con ecos do cinema futurista de Stanley Kubrick, Ridley Scott ou Denis Villeneuve.

A historia

2094. Galicia. Último ano Xacobeo deste século XXI. Unha troupe formada por un ilusionista, seis bailaríns e sete artistas de circo comproban que xa non existe o Camiño de Santiago, xa ninguén o lembra. Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Tampouco a auga ou a choiva, o son das gaitas, o verde dos campos ou a pegada do mar na area. Nin un só rastro, nin un só recordo.

Que foi de todo aquilo? Onde quedaron a viaxe, a procura e o descubrimento? A onde foi parar a sensibilidade? Son as preguntas que guiarán esa troupe circense, empeñada nunha misión: reconstruír a súa identidade cultural. Sobre as táboas, as/os artistas vense envoltos nunha aventura sen igual. O pasado tócalles maxicamente e unha forza sobrenatural transformaraos.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón unicamente os días do espectáculo desde dúas horas antes (sempre que queden localidades dispoñibles)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión