Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

IV Xornada contra a trata de seres humanos MENORES VITIMAS DA TRATA

A Rede Galega contra a Trata organiza estas as IV Xornadas contra a trata de seres humanos baixo o título "Menores vitimas da trata", onde se analizarán desde diferentes prismas a situación dos e das menores vitimas en primeira persoa e aquelas que o son por seren fillos e fillas de vitimas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/09/2015

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 17/09/2015 ata o 23/09/2015

Horario:

De 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde, ata completar aforo (90 prazas)

Con inscrición previa no facebook: rede galega contra a trata e no teléfono 981 168 897, ata o 23 de setembro.

Organiza:

Médicos do Mundo

Documentos:

Cartaz e Programa da Xornada (3 MB)

Preténdese abordar esta problemática desde os diferentes contextos de intervención, acollida, orientación psicosocial, revisando os protocolos de actuación dos organismos implicados, dando a coñecer a realidade dos e das máis invisíbeis deste delito.

A Rede Galega contra a Trata de Persoas nace no 2008 tendo como finalidade ser un instrumento de coordinación entre as organización e persoas integrantes na Rede, a sensibilización dos axentes sociais implicados nesta problemática social, así como unha plataforma asemblearia de denuncia e incidencia política na loita contra a trata de persoas.

A Rede Galega contra a Trata de Persoas traballa dende unha perspectiva global acorde aos instrumentos legais nacionais e internacionais aplicables en España, considerando como vítimas da trata a todas aquelas que o sexan con fins de explotación sexual, laboral, matrimonios servís, mendicidade, situacións de escravitude, etc. de acordo ca definición do Protocolo de Palermo.

A Xornada, que dará comezo ás 9:00 da mañán é de inscrición de balde ata completar aforo (90 persoas).

Pecharáse a Xornada coas actuacions de SANJURJO E DOPICO, BOUBA PANDERETEIRAS E SÉS ás 20.30 h no Auditorio do Ágora (prezo da entrada: 5 euros)

Ademaís, haberá unha exposición fotogáfica "OLLADAS CONTRA A TRATA",  que condensa en dezasete fotografías e en tres series a visión de catro autoras distintas sobre o fenómeno da trata con fin de explotación sexual e o seu impacto nas vidas das mulleres que a sofren en primeira persoa; será no vestíbulo do Ágora do 22 ao 30 de setembro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión