Unha paciente colección de cousas pequenas, en aparencia intranscendentes, pero ensambladas de forma que compoñen un cosmos que chega a todo o máis profundo das emocións humanas, á nostalxia insondable dunha reminiscencia inasible.
Para público en xeral
31/05/2017
Xa rematou
20:30 h
CGAI - Centro Galego de Artes dá Imaxe. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Así son as caixas e as colaxes de Cornell, e así son tamén as súas películas (moito menos coñecidas), froito dunha procura incansable, tal e como as describe Maria Negroni, "un festival da infancia morta", "un repertorio de alegrías tristes para seres desafiuzados". Cornell, un dos máis grandes artistas americanos, asociado ao surrealismo, naceu en 1903 e morreu en 1972, e viviu toda a súa vida nunha casa en Utopia Parkway, Queens, Nova York, coa súa nai e o seu irmán paralítico. Con el compartía a afección polas películas, que vían xuntos, e que Cornell empezou a remontar no que parecese unha depuración da súa fascinación por esas imaxes sacadas de feiras e tendas de segunda man. Paxaros, vistas de cidades, nenos, estrelas de cinema mudo, xoguetes decimonónicos, bailarinas de ballet, números circenses, mapas, soños, estrelas. Son algunhas das cousas que compilan tanto as súas películas como a súa arte, os desfeitos dunha cidade que falan da súa historia íntima, e case se poden ler, do mesmo xeito que as súas caixas, como diarios das fixacións persoais de Cornell. Este programa compendia algunhas (non todas as desexables) das súas películas de found footage, pertencentes á súa primeira etapa como cineasta (os anos 40: logo filmaría a través dos ollos de, por exemplo, Stan Brakhage e Rudy Buckhardt), moitas logo terminadas por outro cineasta que tamén foi o seu axudante, Larry Jordan. Un grupo de películas que se contan entre as máis estrañamente conmovedoras xamais vistas.
Rose Hobart (1936, 16mm, 17 min.)
Cotillion (1940-1969, 16mm, 8 min.)
The Midnight Party (1940-1969, 16mm 3 min.)
The Children's Party (1940-1969, 16mm, 8 min.),
Carrousel (1940, 16mm, 8 min.)
Jack's Dream (1940, 16mm, 8 min.),
Thimble Theatre (1940, 16mm, 8 min.)

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible