Charla no Planetario da Casa das Ciencias a cargo de Martin Pawley, crítico e programador de cinema, divulgador científico da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
Para público en xeral
29/12/2022
Xa rematou
Ás 19.30 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Non hai asunto que non poida tratarse á luz do cinema, a arte popular por excelencia do século XX. A astronomía, por exemplo, ten un vínculo estreito co cinema, e os fenómenos e corpos celestes teñen presenza habitual nos filmes. Tamén serven para falar da contaminación luminosa, un enorme problema ambiental global que ademais arrasa co inmenso patrimonio cultural asociado á noite e que ten repercusións na saúde pública.
Nesta conferencia, Martin Pawley explorará todas estas cuestións a través da súa presenza, ás veces inesperada, en títulos lendarios da historia do cinema.

29/07/2026

30/07/2026

30/07/2026

Dende o 12/05/2026 ata o 31/07/2026
Exposición ao aire libre na rúa Compostela

01/08/2026
Dende o 27/07/2026 ata o 31/07/2026
Require inscrición

05/08/2026
Dende o 29/07/2026 ata o 05/08/2026
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible