Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

A fronteira infinita. Os artistas galegos e a emigración

Na Sede Afundación da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/11/2015 ata o 30/01/2016

Xa rematou

Horario:

De luns a venres de 17.00 a 21.00 h.

Sábados e festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h.

 

Enderezo:

AFundación. Cantón Grande 21-24. 15003 A Coruña

Organiza:

Afundación.

Folleto-de-la-exposicion-La-frontera-infinita.pdf (299 KB)

A mostra A fronteira infinita. Os artistas galegos e a emigración nas coleccións Afundación e ABANCA, realizada a partir dos ricos fondos das coleccións ABANCA e Afundación, achégannos a arte realizada por creadores galegos fóra de Galicia, en América e Europa, ao longo de boa parte do século XX.

É preciso lembrar que a historia de Galicia está inevitablemente vinculada ao feito migratorio, xa que a saída de galegos cara ao estranxeiro é unha constante desde finais do século XIX, momento en que se agudiza o éxodo migratorio, que continuará ao longo do século XX. Neste contexto o exilio motivado pola guerra civil adquire unha relevancia especial polas connotacións políticas do feito e pola magnitude sociocultural que vai ter, debido ás consecuencias inmediatas que produce na cultura galega por mor da saída de personalidades das artes e das letras que teñen que vivir fóra do país durante un longo período.

O contido da mostra quere incidir na riqueza cultural do fenómeno migratorio atendendo a tres núcleos: o primeiro, a presenza da emigración na obra de Castelao como tema social e cultural na Galicia das primeiras décadas do século XX; o segundo, o constituído polos artistas exiliados en América tras a guerra civil; e o terceiro núcleo inclúe as novas xeracións formadas na posguerra que protagonizan unha nova diáspora, esta vez dirixida cara ao centro do sistema cultural dominante, Madrid.

Coas obras seleccionadas destácase a importante modificación que a diáspora ten como factor decisivo na evolución da arte de todos eles.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión