O Concello rende homenaxe a Antón Fraguas cunha lectura pública desde o balcón de María Pita polo Día das Letras.
Para público en xeral
17/05/2019
Xa rematou
entre as 11.00 e as 11.45 horas
Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña
Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento
concellaria.cultura@coruna.es
As persoas que queiran participar no acto do día 17 só teñen que contactar coa Concellería de Culturas a través do correo electrónico e anotarse na lectura, que se desenvolverá entre as 11.00 e as 11.45 horas
A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, organiza unha lectura pública colectiva polo Día das Letras, que se celebra o vindeiro venres, día 17, e queeste ano homenaxea ao escritor Antón Fraguas. Deste xeito, as persoas que se queiran sumar á sesión de lectura, que terá lugar desde o balcón do pazo de María Pita entre as 11.00 e as 11.45 horas, non teñen máis que enviar un correo á concellería( concellaria.cultura@coruna.es ) co seu nome para anotarse na lista.
Como recorda o responsable municipal desta área, José Manuel Sande, con este son xa catro anos nos que o Concello abre o balcón do pazo consistorial para unha actividade vinculada coas letras, que nesta ocasión serve para visibilizar a produción literaria do historiador e xeógrafo pontevedrés. O edil convidou a veciñanza a participar desta actividade "xa que as Letras deben entenderse como unha festa colectiva de expresión do noso idioma, algo moi importante especialmente nuns tempos nos que volven aparecer voces que atacan ao galego dunha formapropia doutras épocas moi escuras".

Dende o 05/12/2025 ata o 07/01/2026
O período de inscrición comezará o martes 9 de decembro de 2025 ás 9.00 h e finalizará o xoves 11 de decembro de 2025 ás 14.00 h, aínda que, se non se ocupan todas as prazas, o prazo poderase prolongar.
Publicación de listaxes provisionais e corrección de erros: venres 12 de decembro de 2025
Publicación da listaxe do sorteo con persoas admitidas e lista de espera: martes 16 de decembro de 2025
Dende o 09/12/2025
Poderanse inscribir todos os nenos e nenas que, na data do 31 de decembro de 2025, estean empadroados/as na cidade e teñan unha idade comprendida entre os 7 e os 11 anos (nacidos/as en 2014, 2015, 2016, 2017, 2018)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible