Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Praza de Mª Pita

Praza céntrica da cidade da Coruña, dedicada á heroína María Pita, proxectada a mediados do século XIX e onde se atopa o Concello.
Forma un gran rectángulo de máis de 10000 metros cadrados, nun de cuxos frontes se atopa o Palacio Municipial, mentres que no resto alíñanse edificios porticados, baixo os cales se atopan diversos establecementos.

O Palacio Municipal é un edificio modernista construído entre os anos 1.908 e 1.912, ocupando o fronte norte da Praza de María Pita. Foi inaugurado polo Rei Alfonso XIII no ano 1.927. Nel atópanse diversas dependencias administrativas do Concello.

O proxecto inicial deste edificio de sillería galega foi iniciado por Pedro Mariño, cunha superficie en planta de 2.300 metros cadrados. Ten 3 plantas e ático. A súa fachada levantouse ao longo dunha fronte de 64 metros, ten 43 xanelas abertas ao exterior e no seu corpo interior ábrense 15 arcadas que serven a uns amplos soportais.

Na súa primeira planta, atópase a zona nobre, que conta con varios salóns, o Vermello, o Azul e o Dourado, este último, con relevos na fronte dos asentos, que relatan os feitos históricos máis importantes da cidade. Tamén o a primeira planta atópase o Museo dos Reloxos e a Galería dos Alcaldes, un corredor onde cada un dos alcaldes da cidade ten o seu retrato, cada un dun autor e un estilo diferentes, moitos pousaron de traxe, algúns de frac e outros como Liaño Flores, coa toga de avogado.

Destaca o despacho da Alcaldía, e na mesma planta, as salas de reunión de concelleiras, con magníficas pinturas de artistas galegos. Tamén cabe destacar a escalinata de honra que comunica a Alcaldía co Salón de Plenos, esta foi inaugurada no ano 1955 por Francisco Franco e a súa esposa, Carmen Polo.

A segunda planta alberga oficinas e despachos e no ático, é onde antigamente estaba situada a vivenda do conserxe.

Na fachada hai talladas catro estatuas de pedra branca que representan as catro provincias galegas A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Na parte superior pódese ver o escudo da cidade flanqueado por dúas matronas que para uns significa Paz e Industria e para outros Traballo e Sabedoría, ademais dunha lenda coa seguinte inscrición: "moi nobre e moi leal cidade da Coruña, cabeza, garda e chave, forza e antemural do Reino de Galicia".

Na Torre máis alta albérgase o reloxo e as campás feitas dunha aliaxe de bronce e estaño; pesan máis de 1.600 quilos.

PRAZA DE MARÍA PITA

As medidas da Praza de María Pita son 112 m. por 99,50 m. O 112 m. son os dos lados paralelos á fachada do Palacio Municipal; o 99,50 m. son os que corresponden aos lados laterais do edificio do Concello.

Terrazas:

As terrazas foron deseñadas polo Gabinete de Deseño Urbano dirixido polo arquitecto municipal Antonio Desmonts.

Os vidros que as decoran foron tallados pola firma holandesa Van Tetterode.

Estatua de María Pita:

O grupo escultórico da Praza de María Pita é unha obra de Xosé Castiñeiras e está realizado en bronce.

A altura total é de 9,31 m.: pedestal 5,56 m., escultura 3,3 m. e plataforma graduada 0,45 m. O peso é de 30 toneladas.

Aos seus pés hai un pebetero que se apaga só desde as 03:00 h. ata as 07:00 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión