Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Libros en directo Elvira Navarro

"Los últimos días de Adelaida Morales" escrito por Elvira Navarro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/12/2016

Xa rematou

Horario:

O encontro comezará ás 20.00 horas e realizarase no Centro Ágora.

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta ata completar a capacidade

Organiza:

Polisemias

Contacto:

Tel.: 981 189 888

 

Adelaida García Morales é unha das figuras máis misteriosas que deu a cultura nas últimas décadas. A celebridade adquirida polos seus libros "El Sur" (adaptado por Víctor Erice na famosa película homónima) e "El silencio de las sirenas" fixo que o mutismo no que a autora foi sumíndose se tornase especialmente inquietante. En 2014 faleceu sen apenas recoñecemento.

"Los últimos días de Adelaida García Morales" é o relato, en clave de ficción, das xornadas que precederon á morte da escritora. Pouco antes do seu deceso, García Morales acudiu a unha delegación de Igualdade pedindo cincuenta euros para poder visitar o seu fillo en Madrid. Inspirándose nesta anécdota real, a presente novela de Elvira Navarro entrelaza dúas historias, dando lugar a unha intensa e singularísima narración próxima ao falso documental que abarca temas como as relacións paternofiliais, a natureza da creación, o tratamento que reciben as mulleres artistas, a ignorancia das institucións, a autodestrución e a tolemia.

 

Elvira Navarro (Huelva, 1978) é unha escritora española.

É licenciada en Filosofía. En 2004 gañou o Certame de Jóvenes Creadores do Concello de Madrid, e entre 2005 e 2008 gozou dunha bolsa de creación na Residencia de Estudantes. Publicou dous libros complementarios: "La ciudad en el invierno" (Caballo de Troya, 2007) e "La ciudad feliz" (Mondadori, 2009), así como a novela "La trabajadora" (Random House, 2014). A súa obra foi merecedora do XXV Premio Jaén de Novela e do IV Premio Tormenta ao mellor novo autor, e recibiu a distinción de Nuevo Talento Fnac. Elvira Navarro é tamén autora do blog Periferia (www.madridesperiferia.blogspot.com), un work in progress sobre os barrios de Madrid que explora os espazos limítrofes e indefinidos. En 2010 foi incluída na lista dos 22 mellores narradores en lingua española menores de 35 anos da revista Granta.1 2

En 2013 foi elixida unha das voces españolas con maior futuro pola revista El Cultural. A súa obra foi parcialmente traducida ao inglés, francés, sueco, italiano, turco e árabe.

Colaborou con revistas como El Cultural de El Mundo, Ínsula, Letras Libres, Quimera, Turia ou Calle 20, e cos diarios Público, eldiario.es e El País. Exerce a crítica literaria en Qué Leer, Revista de Libros e no blog La tormenta en un vaso, e imparte talleres de escritura.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión