Marta Sanz, gañadora do Premio Herralde 2015 coa súa novela Farándula xa conseguira, entre outros, os premios do Ojo crítico 2001 (Los mejores tiempos) ou o Tigre Juan, el Cálamo y el Estado Crítico (Daniela Astor y la caja negra).
Para público en xeral
18/02/2016
Xa rematou
20.00 h.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Libre ata completar capacidade.
981 189 888
Farándula podería cualificarse como unha comedia se non fóra moito máis. Desde unha actriz xa veterana que vai visitar a unha vella e esquecida gloria do sector, a unha nova e impulsiva estrela emerxente, pasando por un actor gañador da prestixiosa Copa Volpi do Festival de Cinema de Venecia. Un ictus, as representacións de Eva ao espido e a adhesión de todos eles ou non a un manifesto político arrincarán o sorriso dos lectores máis esixentes.
Marta Sanz é doutora en Filoloxía. Publicou as novelas El frío, Lenguas muertas, Los mejores tiempos (Premio Ojo Crítico 2001), Animales domésticos, Susana y los viejos, finalista do Nadal en 2006, e La lección de anatomía (2008). En 2007, publicou Metalingüísticos y sentimentales, antoloxía de poesía española contemporánea, e recibiu o Premio Mario Vargas Llosa NH de Relatos. É autora de tres poemarios: Perra mentirosa, Hardcore e Vintage. En Anagrama publicou a novela Black, black, black: «Unha novela admirable, moi boa como novela negra pero mellor aínda como novela sen máis… Ten a crueldade e a lucidez desoladora dunha das mellores novelas de Patricia Highsmith, O diario de Edith» (Rafael Reig, ABC); «Unha novela negra que é unha novela social. Que é unha novela de humor. Que é unha lección maxistral de enxeñería narrativa: axuste da trama, deseño de personaxes, tensión, subministración de chiscadelas… Espléndida» (Elena Medel, Calle 20). E Un buen detective no se casa jamás: «Volve mostrar o seu dominio da linguaxe (e dos seus xogos) e do rexistro satírico (da novela de detectives, da novela romántica), cunha estupenda narración que ten moito de comentario social contemporáneo» (Manuel Rodríguez Rivero, El País); «Unha contemporaneidade tan rabiosa como sempre souberon darlle os grandes do xénero, empezando por ese irónico Chandler ao que alude no título e sen esquecer ás súas figuras máis notorias en España, como Vázquez Montalbán ou Eduardo Mendoza» (Lorenzo Silva); «A intensidade é a de Rebeca, de Hitchcock» (Laura Fernández, El Mundo).
Patrocina: Concello da Coruña.
Dirixe: Pedro Ramos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible