Carne torturada, celuloide torturado.
Para público en xeral
01/06/2017
Xa rematou
16:30 h
Palacio de Exposicións e Congresos - Palexco. Peirao de Transatlánticos s/n. 15003 A Coruña
No que parecería un proceso continuo de purga e sanación, as películas de Luther Price beben da propia (e tráxica) historia persoal e familiar do autor. Proceso que se foi depurando cos anos, e que dá de si películas lonxe da compracencia, exercicios de honestidade brutal case fisicamente perturbadores, crus, descarnados e belos, que provocan en quen os ve un cúmulo de emocións confuso. A morte, a familia, operacións cirúrxicas, o sexo e a violencia son algúns dos ingredientes cos que manufactura as súas películas, en cuxa superficie queda visible o rastro físico do seu traballo, tanto na propia calidade material do filme, como nos seus característicos patróns de montaxe. Luther Price (este nome é un pseudónimo: o máis duradeiro do autor tras pasar por varios nomes e personalidades artísticas como Tom Rhoads ou Brick) é natural de Massachussets, onde vive e traballa. Empezou sendo escultor para desembocar no cinema, empezando a facer performances e películas en super 8 nos 80, nas que encaraba directamente a autobiografía. Cara aos 90 empeza a traballar en 16mm, xa exclusivamente con found footage, abordando os mesmos temas pero xa sen referencias directas á súa propia vida. Estes dous programas son unha mostra que vai desde esas primeiras películas en super 8 ás máis recentes, incluíndo tamén películas de varias das súas series: Inkblots (películas cuxa emulsión foi abrasada dalgunha maneira, e que logo son repintadas), Ribbons (películas de 16mm nas que pega tiras de super 8), Garden Films(películas que foron enterradas e sometidas aos elementos e o seu desgaste) e Biscuits (serie de películas feitas a partir dunha fonte única, baseadas na repetición).
Red Rooster (1987, super 8, 4 min.)
Sodom (1989, super 8, 15 min.)
Meat Dry 02 (1999, super 8, 10 min.)
Ribbon Candy (2006, 16mm, 5 min.)
Door #2-37 (1997, super 8, 15 min.)
Gift Givers (2013, super 8, 8 min.)

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible