Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Malagasy Gospel

Malagasy Gospel é moito máis que un proxecto musical, é unha aposta pola escola da vida.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

06/12/2016

Xa rematou

Horario:

18.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre ata completar capacidade

Malagasy Gospel é unha coral de canto Gospel composta por nenas e adolescentes que proveñen dos barrios máis desfavorecidos de Tulear (Madagascar) e participan nos proxectos educativos e sociais de Agua de Coco na zona que pretende educar e sensibilizar sobre a explotación laboral infantil e os dereitos da infancia a través da música.

Malagasy Gospel é moito máis que un proxecto musical, é unha aposta pola escola da vida, un proxecto de ensino social que lles transmite ás súas persoas integrantes e ao público os valores que defende Agua de Coco: a protección dos dereitos infantís, a loita contra a explotación laboral infantil, a educación como motor de desenvolvemento, a igualdade de xénero e a inclusión social por encima de todo.

A través das xiras fóra do seu país, non só se lles permite ás nenas coñecer outras culturas e realidades, senón que se busca tamén sensibilizar o público europeo sobre a situación de pobreza extrema que padecen as familias e a contorna das integrantes do coro, co obxectivo de que uns e outros poidan contribuír ao desenvolvemento de Madagascar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión