Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Martirio - "Al sur del tango"

Espectáculo baseado no tango e nas raı́ces arxentino-españolas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/05/2026

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 38,00 €

Palco: 34,00 €

Principal: 30,00 €

1.ª fila de principal, visibilidade reducida: 28,00 €

Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

Desconto do 25% para familia numerosa

*Os descontos aplicaranse logo da previa presentación do documento que acredita o desconto.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/

Organiza:

Catuti Produccións, SL

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

A copla é a muller, o tango, o seu marido. Os seus compositores oían nas casas dun e outro lado e emparentábanse amores, exilios e distancia. Cremos que hoxe se fai imprescindible unha nova lectura dese amor, desa poética. Unha cantante andaluza namorada do tango, unha violinista catalá, un pianista de Cádiz e un bandoneón arxentino, que levan o xénero do trío ás máis altas cotas musicais de calidade.

Con este concerto "Al sur del tango", estes músicos que se unen a Martirio, con experiencia, coñecemento e admiración entre eles e amor aos xéneros musicais dos dous países que por nacemento ou acollida senten como propios, liderando cada un as súas carreiras exitosas, oco nas que se foron facendo un nome de culto.

Estamos a falar de Marcelo Mercadante, bandoneonista arxentino, Jesús Lavilla, un dos nosos máis notables pianistas, arranxista e director de bandas, Olvido Lanza, deusa do violín. E con estes tres mestres, a voz de Martirio.

Este cuarteto singular únese para ofrecer unha nova lectura dos tangos que máis os/as atraen, a darlles unha volta polo sur.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: dende dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión