Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Masterclass XX Premio Luís Ksado de creación fotográfica

A XX edición do Premio Luís Ksado de creación fotográfica, organizado pola Deputación da Coruña, contará coa participación de Joan Fontcuberta e Juan Manuel Castro Prieto, dous destacados referentes da fotografía contemporánea, recoñecidos co Premio Nacional de Fotografía.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 01/10/2026, 06/10/2026

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Requisitos:

Inscrición

É necesaria inscrición previa a través da páxina web da Deputación da Coruña.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 29 de setembro de 2026.

Información e inscricións na web da Deputación da Coruña

Organiza:

Deputación da Coruña.

O 1 de outubro, Joan Fontcuberta impartirá unha clase maxistral na que achegará ao público a súa traxectoria como fotógrafo, ensaísta e teórico da imaxe. A súa obra caracterízase por cuestionar a veracidade da fotografía e explorar a súa capacidade para construír e manipular a realidade.

O 6 de outubro será a quenda de Juan Manuel Castro Prieto, recoñecido fotógrafo documental e mestre positivador. O seu traballo ofrece unha mirada íntima e poética sobre a memoria, a identidade e o paso do tempo.

Ambas as clases maxistrais celebraranse no Centro Sociocultural Ágora, en horario de 16:30 a 20:00 h.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión