Proposta formativa para o profesorado e obradoiro musical para familias con bebés de 10 a 18 meses sobre a estimulación sensorial a través da música.
XORNADA FORMATIVA: preferentemente profesorado e tamén pais e nais.
OBRADOIRO MUSICAL PARA BEBÉS: pais e nais cos seus bebés de 10 a 18 meses (profesorado como espectadores)
Para público en xeral
26/09/2015, de 10:00 a 19:00
Xa rematou
Dende o 15/09/2015
XORNADA FORMATIVA: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 17.30 h
10.00-11.30: Do berce das artes aos concertos para bebés. Por que música para bebés?
12.00 – 12.30 Filme sobre os proxectos da Escola de artes SAMP
13.00 – 14.00 Breve introdución á teoría da aprendizaxe de Edwin Gordon.
16.00 – 17.00 Que repertorios para bebés?
17.00 – 17.30 Presentación do filme Concertos para bebés
17,30 – 19.00 Obradoiro musical con bebés e coloquio final (o profesorado como espectadores).
OBRADOIRO MUSICAL PARA BEBÉS: de 17.30 a 19.00 h
De balde
Inscrición previa: de balde, na conserxaría da Ágora ou chamando ao 981 189 888, a partir do 15 de setembro até esgotárense as prazas.
Debido ao número limitado de prazas, as persoas inscritas teñen que comprometerse a asistir toda a xornada. No caso de non poderen acudir, teñen que comunicalo para poder chamar as persoas da listaxe de agarda.
Condicións do OBRADOIRO MUSICAL PARA BEBÉS:
1. XORNADA FORMATIVA: Por que e como música na primeira infancia?
Destinatarios: preferentemente profesorado e tamén pais e nais (sen nenos).
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 17.30 h. Espectadores do obradoiro con bebés: de 17.30 a 19.00h
Trátase de presentar e darlles resposta a algúns presupostos teóricos sobre a importancia da música na primeira infancia, e respostas rápidas a cuestións do cotián para profesorado, músicos e pais/nais:
2. OBRADOIRO MUSICAL CON BEBÉS DE 10 A 18 MESES
Obradoiro de estimulación para bebés, en que as familias descubrirán xogos sensoriais para facer cos seus bebés guiadas polo musicólogo Paulo Lameiro, creador dos Concertos para bebés.
Horario: de 17.30 a 19.00 h
Nº de prazas: 14 bebés acompañados por 1 ou 2 adultos (co profesorado coma espectadores)(ESGOTADAS AS PRAZAS)
Paulo Lameiro
Director artístico da Escola de Artes SAMP e mestre titular da Schola Cantorum Pastorinhos de Fátima, licenciado en Ciencias Musicais e posgrao en Etnomusicoloxía pola Universidade Nova de Lisboa.Foi vicepresidente da Escola de Música do Conservatorio Nacional – Lisboa.
É autor de varios proxectos de formación e produción musical para bebés, entre as que destacan Berço das Artes, Músicos de Fraldas e Concertos para Bebés, que presentou por toda Europa.
É pai de Simão e de Natércia e ten como pasatempo a cría de carpas Koi, para quen gosta de mirar calmada e demoradamente.

Dende o 22/12/2025 ata o 07/01/2026
Abrirase o día 1 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para a inscrición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible