O proxecto "Música por Siria" nace para difundir a situación de penuria dos refuxiados e o drama humanitario provocado polo conflito de Siria. O seu obxectivo é recadar fondos que se canalizarán a través de Oxfam- Intermón. Coa actuación de 5 agrupacións entre duos, trios e conxuntos de diversos estilos unidos pola causa.
Para público en xeral
09/10/2015
Xa rematou
10 €
Conmovidos/as pola situación que vive a poboación civil en Siria e ante a impotencia de ver que ningún organismo, fóra das oenegués, facían nada para deter ese xenocidio encuberto, pensamos que como músicos podriamos unir o talento dun colectivo para mobilizar e implicar a un número maior de persoas que, ao asistir aos concertos ou ao comprar o disco, fosen tomando partido a favor de cambiar o estado das cousas, tomando consciencia primeiro e actuando logo.
INTÉRPRETES:
Con este concerto ábrese un ciclo de 2 concertos solidarios, que culminará no Conservatorio Superior dá Coruña o venres 16 de outubro ás 19.00 h.
Un total de case 100 músicos intervirán facendo oir unha soa voz, a da solidariedade e o respecto aos dereitos humanos.
Máis información: https://www.facebook.com/Música-por-Siria-832071186840887/
VENDA DE ENTRADAS:

20/12/2025

20/12/2025

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible