O grupo de narrativas populares contemporáneas do #LAIC celebra a súa terceira sesión cunha conversa aberta con dous referentes da videocreación e a animación na rede, como son Christian Flores e Anabel Lorente.
Para público en xeral
15/02/2019
Xa rematou
17:00 h -18:00 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
aforo amplo
Actividade gratuíta con inscrición previa en http://corunadixital.gal/evento/narrativas-populares-contemporaneas-conversa-aberta-con-anabel-lorente-e-christian-flores/
Christian Flores fíxose moi coñecido para o gran público por aquel Velaske yo soy guapa popularizado por PlayGround, pero a súa traxectoria como creador de contidos vai moito máis alá diso. Anabel Lorente conseguiu coas súas animacións, nas que retrata a súa experiencia como muller en situacións cotiáns, crear un estilo e un discurso propios e mobilizar a unha audiencia de miles de seguidores. Nesta charla aberta farán un percorrido polo seu traballo e a súa maneira de entender a creatividade en Internet.

15/12/2025
Acceso libre até completar a capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible