Ciclo audiovisual e escénico na Casa Museo Casares Quiroga
Para público en xeral
Dende o 17/10/2025 ata o 31/10/2025
Xa rematou
19:00 h
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña
Entrada gratuíta con inscrición previa: casasmuseo@coruna.gal 981 189 856
Casa Museo Casares Quiroga.
Un ciclo que propón unha viaxe sensorial e poética pola memoria e as marcas do tempo a través de dúas sesións complementarias, que teñen como epicentro a Casa Museo Casares Quiroga. O ciclo constrúese a partir da figura emblemática de María Casares, símbolo de resistencia e exilio, e do legado literario de Antonio Machado, que dialogan coa creación contemporánea e a investigación escénica.
Venres 17 de outubro ás 19.00 horas. A primera sesión abrirase coa interpretación da obra El cant dels ocells de Pau Casals, a cargo de Juan Antonio Almarza Esparza, seguida da proxección do filme "Los días azules", de Laura Hojman, un retrato emotivo e visualmente envolvente da vida e obra de Antonio Machado, a quen a historia tamén marcou co exilio e a perda. Remataremos cun faladoiro coa directora. Entrada gratuíta con inscrición previa: casasmuseo@coruna.gal 981 189 856
Venres 31 de outubro ás 19.00 horas. A segunda sesión explora a presenza escénica e poética inspirada en María Casares, a través dunha proposta única de Elsa Moreno, creadora e poeta, quen aborda as voces que habitan a memoria do exilio e a identidade en conflito.
Este ciclo, aberto a todos os públicos, convida a reflexionar sobre as pegadas do pasado que persisten no presente, facendo da memoria unha experiencia viva, capaz de espertar ecos que continúan a arder.

02/01/2026

03/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible