A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza a proxección do documental O PRÓXIMO BAILE SERÁ COMIGO
Para público en xeral
07/09/2026
19.00 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada libre ata completar capacidade
Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros
Enderezo: Av. Exército, 52, 15006 A Coruña
Teléfono: 981 29 81 22
www.facebook.com/redeoza.org
O próximo baile será comigo, unha obra de que Sabela Losada Cortizas aborda, en primeira persoa, a importancia do apoio mutuo entre mulleres fronte á violencia machista.
O documental, que xa xerou un importante interese e debate, foi preestreado en Santiago, recibiu o Premio Luisa Villalta 2024 da Deputación da Coruña, un recoñecemento que pon en valor o seu achegamento á igualdade e á reflexión social.
Unha mirada sobre a forza do apoio mutuo
O próximo baile será comigo, pon o foco na importancia da sororidade e do apoio mutuo entre mulleres, mostrando como este acompañamento pode resultar fundamental para afrontar situacións de violencia machista.
A obra tamén aborda unha realidade especialmente complexa: a falta de apoio social e institucional coa que en moitas ocasións se atopan as vítimas.
A través dunha mirada directa e en primeira persoa, o documental busca achegar ao público a unha realidade que continúa presenta na sociedade e promover unha refexión colectiva sobre a necesidade de acompañar, apoiar e non deixar soas ás mulleres que sofren violencia.
O próximo baile será comigo, é un proxecto de, Sabela Losada Cortizas coa participación de Alicia García Sampedro, Carmen, Cata Alonso Abeijón,de Merchi Alejandra Di Nuovo Gómez), Ysabel Marcano Sabela Losada Cortizas. Conta coas cámaras de David González Chema Montero, son de Francisco Gómez, montaxe de Susana Sotelo Chema Montero, posprodución de son de Brais Barreiro e cor de Javier Brun
Entidades

02/09/2026

03/09/2026

04/09/2026

05/09/2026

10/09/2026

Os días 10/09/2026, 11/09/2026, 12/09/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible