Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Noites en María Pita: Carlos Núñez

Concerto de Carlos Núñez

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/08/2021

Xa rematou

Horario:

22.00 horas

Enderezo:

Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos máis serios e brillantes do mundo.

Agora presenta un novo disco, Cinema do mar, no que explora o mundo das bandas sonoras, desde Mar adentro ata as varias bandas sonoras nas que participou ultimamente, sobre todo en Xapón, pasando por versións celtas de grandes clásicos do cine. No disco colaboran os Chieftains, Dulce Pontes, Ryuichi Sakamoto, Altan, Solas, Juan Manuel Cañizares... 

Ao longo destes anos, Carlos Núñez leva vendidos 1.000.000 de discos no mundo, obtivo un Premio Ondas, dúas candidaturas en solitario aos Grammy latinos e galardóns en todo o mundo. Foi nomeado Embaixador europeo do medio ambiente e actuou en Roma ante dous millóns de persoas convocadas polo Papa. Foi definido como "a única estrela planetaria da gaita" (François-Xavier Gómez, Libération), "o novo rei dos celtas" (Manuel Rivas, El País), "o Jimi Hendrix da gaita" (Scott Lewellyn, Billboard), "o gaiteiro de ouro" (Xabier Rekalde, El mundo), "artista dunha musicalidade sobresaliente e un talento intelixente" (Jan Fairley, Folk Roots), "gaiteiro como se tocase Coltrane ou Hendrix" (Bob Flynn, The Guardian).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión