Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O poder do arcabuz

O Poder do Arcabuz recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo de danza tradicional de gran formato, con case cen artistas no escenario: 35 bailaríns, 20 músicos e 40 persoas no coro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/12/2015 ata o 08/12/2015

Xa rematou

Horario:

Luns, 7 de decembro de 2015: 21:00 h.

Martes, 8 de decembro de 2015: 19:00 h.

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

A compañía Quique Peón Cía. e o Grupo de Música e Baile Tradicional "Xacarandaina" xúntanse para facer unha das obras máis ambiciosas no mundo da danza tradicional galega. "O Poder do Arcabuz" fusiona distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído aos nosos días. A obra é a descrición surrealista dunha historia, creada para a ocasión, baseada na maior revolta do século XV en Europa: a Revolta Irmandiña.

A danza e o baile tradicional galego serán o elemento principal do espectáculo, a linguaxe de cohesión de todo. Na obra móstranse diferentes movementos e expresións de danzas, bailes, músicas, cantos e coreografías, moitas delas medievais (de espadas, de arcos, de paus, de cintas, de reis, de donas e galáns…), empregando un amplísimo abanico de movementos folclóricos que evolucionarán ata os nosos días e que servirán para relatar o que se quere contar en cada momento.

Con todo, a danza contemporánea tamén estará presente na obra, non tanto na súa linguaxe como no seu concepto, pois é un estilo que foi creado para expresar os sentimentos e reexaminar os principios fundamentais da danza como medio de comunicación.

A música, dirixida por Pedro Lamas, será un eixo fundamental do espectáculo e fusionará a música tradicional e a culta, facendo fincapé no medievo, creando bases contemporáneas e étnicas utilizando música instrumental, de percusión e vocal (solista e coral).

"O Poder do Arcabuz" é un espectáculo concibido como un musical de estrutura composta de diferentes escenas que se irán sucedendo, unha tras outra, a modo de actos, ao estilo dos antigos ballets románticos.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión