NIK·EU é a última produción do proxecto iXa, unha proposta de danza contemporánea creada para catro intérpretes de 50 minutos de duración.
Para público en xeral
16/05/2026
20:30 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
agora@coruna.gal
A obra, dirixida por Xián Martínez, segue a filosofía da compañía iXa de desenvolver pezas centradas nas artes do movemento pensadas especificamente para públicos non especialistas, buscando conectar co imaxinario colectivo e coa propia experiencia persoal do público asistente.
A compañía mostra unha preocupación por levar a escena temáticas que xeren conciencia crítica e que conecten co humano, apostando por cuestións sociais desde perspectivas de xénero e, máis especificamente, con contido LGTBIQA+. A peza foi coproducida polo Gobierno de Navarra a través da Fundación Baluarte, Lekuona Fabrika de Rentería e a propia compañía.

08/05/2026

08/05/2026

09/05/2026

09/05/2026

09/05/2026

10/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible