Exposición dedicada á vida e obra de Bronislawa Wajs "PAPUSZA", poeta Xitana-Romni polaca que escribiu as súas obras en RROMANÓ.
Para público en xeral
Dende o 05/11/2015 ata o 22/11/2015
Xa rematou
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Con motivo da celebración do Día Internacional da Lingua Romaní, o Centro Ágora inaugura unha exposición que leva por nome "PAPUSZA - GILÍ MIRÍ NASÉL KI TÚ..." (Esta canción-poema é para ti...).
Papusza (que significa "boneca" en romaní), naceu nunha familia de nómades. Con máis de 30 coleccións ao seu nome, deixou unha gran parte do seu texto escrito cunha descrición da súa vida xitana, no que apaixonadamente expresa a magnitude dos sufrimentos do seu pobo durante a guerra, non só sendo unha fonte de fortaleza e esperanza para os romanís, senón tamén no amor pola vida e a natureza, razóns pola cales foi incluída en 1962 na Unión Polaca de Escritores. As súas obras foron traducidas ao alemán, inglés, francés, español, sueco e italiano.

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible