A inscrición realizarase, entre o 15 de outubro e o 15 de novembro, a través da ficha correspondente dentro do sistema de xestión de programas e actividades educativas.
Para público en xeral
Dende o 15/10/2025 ata o 15/11/2025
Xa rematou
Servizo Municipal de Bibliotecas
O programa Visitas escolares ás bibliotecas 2025-26 , dirixido a alumando de 4.º a 6.º de educación infantil e de 1.º a 6.º de educación primaria de centros educativos do concello, abre o prazo de inscrición o vindeiro mércores 15 de outubro e ata o 15 de novembro.
Como novidade da edición deste ano, cada centro educativo terá asociada unha biblioteca de referencia, que se pode consultar na páxina do programa.
A inscrición realizarase a través da ficha de solicitude. En todo caso, unha vez asignada a visita, o profesorado comprométese a manter coa biblioteca os contactos necesarios para a súa preparación e a realizar co seu alumnado, no centro escolar, as actividades previas que se especifiquen para cada visita.
Máis información na páxina do programa: Visitas escolares ás bibliotecas 2025-26
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible