Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Visita á biblioteca municipal de referencia con actividades previas na biblioteca escolar do centro, dirixidas ao segundo ciclo de educación infantil e educación primaria.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Bibliotecas
Tipo de actividade:
Complementaria
Titularidade do centro:
Público, Concertado, Privado
A quen vai dirixido?:
Alumnado de 4.º a 6.º de educación infantil e de 1.º a 6.º de educación primaria de centros educativos do municipio
Contidos das visitas
Tanto no ciclo de educación infantil como en cada un dos tres ciclos de educación primaria os contidos abordados serán os seguintes:
A ficción nas súas diferentes formas de gozala (lectura, narración, declamación, observación...) e xéneros (contos tradicionais, de autor/a, álbums, poesía...).
A ilustración como recurso informativo, interpretativo e que proporciona experiencias sensoriais e estéticas.
Os libros e recursos informativos como recurso básico para desenvolver o desexo de aprender, ampliar intereses, comprender a organización, estrutura e presentación da información: temas, organización dos textos, procuras...
Duración das visitas
Como norma xeral a duración estimada das visitas non excederá as 2 horas. En función da visita adxudicada comunicarase a duración exacta.
Centros onde se oferta
As Bibliotecas Municipais que acollerán visitas escolares son:
Bibliotecas de referencia para cada centro escolar
CENTROS ESCOLARES DE INFANTIL E PRIMARIA
BIBLIOTECA DE REFERENCIA
CEE María Mariño
Ágora
CEE Nª Sra. del Rosario
Ágora
CEEPR ASPANAES
Ágora
CEEPR Nª Sra. de Lourdes - ASPRONAGA
Ágora
CEIP Alborada
Castrillón
CEIP Anxo da Guarda
Castrillón
CEIP Cidade Vella
Monte Alto
CEIP Concepción Arenal
Fórum
CEIP Curros Enríquez
Monte Alto
CEIP Emilia Pardo Bazán
Rosales
CEIP Eusebio da Guarda
Durán Loriga
CEIP José Cornide Saavedra
Sagrada Familia
CEIP Juan Fernández Latorre
Castrillón
CEIP Labaca
Durán Loriga
CEIP Manuel Murguía
Castrillón
CEIP María Barbeito
Ágora
CEIP María Pita
Castrillón
CEIP Novo Mesoiro
Rosales
CEIP Prácticas-Aneja
Rosales
CEIP Ramón de la Sagra
Castrillón
CEIP Raquel Camacho
Ágora
CEIP Rosalía de Castro
Sagrada Familia
CEIP Sagrada Familia
Sagrada Familia
CEIP Sal Lence
Fórum
CEIP Salgado Torres
Fórum
CEIP San Francisco Xabier
Fórum
CEIP San Pedro de Visma
Ágora
CEIP Torre de Hércules
Monte Alto
CEIP Víctor López Seoane
Monte Alto
CEIP Wenceslao Fernández Flórez
Sagrada Familia
CEIP Zalaeta
Monte Alto
CPR Andaina
Durán Loriga
CPR Calasancias
Rosales
CPR Calasanz PP Escolapios
Rosales
CPR Cid
Ágora
CPR Compañía de María
Durán Loriga
CPR Esclavas del Sagrado Corazón
Rosales
CPR Fogar Santa Margarida
Durán Loriga
CPR Franciscanos
Sagrada Familia
CPR Grande Obra de Atocha
Monte Alto
CPR Hijas de Jesús
Fórum
CPR Internacional Eirís
Castrillón
CPR Karbo
Sagrada Familia
CPR Liceo la Paz
Castrillón
CPR Maristas Cristo Rey
Durán Loriga
CPR Montegrande
Fórum
CPR Obradoiro
Ágora
CPR Peñarredonda
Sagrada Familia
CPR Rías Altas
Fórum
CPR Sagrado Corazón - Franciscanas
Rosales
CPR Salesianos San Juan Bosco
Monte Alto
CPR Santa María do Mar
Fórum
CPR Santo Domingo
Durán Loriga
CPREX Coruña British School
Fórum
Condicións do programa
1. Unha vez asignada a visita, o profesorado comprométese a manter coa biblioteca os contactos necesarios para a súa preparación e a realizar co seu alumnado, no centro escolar, as actividades previas que se especifiquen para cada visita. Estes contactos serán entre a bibliotecaria municipal da biblioteca asignada e a persoa que vaia acompañar o alumnado á visita. Se despois de realizada a reunión inicial de preparación, se producise algún cambio con respecto á persoa acompañante, o centro deberá comunicarllo á biblioteca e a nova persoa acompañante deberá poñerse en contacto coa súa bibliotecaria de referencia para recibir as explicacións necesarias que garantan o mellor aproveitamento da actividade.
2. Coa finalidade de poder avaliar e mellorar o programa o profesorado deberá cubrir unha enquisa ao finalizar a visita.
3. A participación na visita inclúe a necesidade dunha actividade previa que o profesorado deberá realizar coas súas alumnas e alumnos na biblioteca escolar do centro. Unha vez asignada a visita, a bibliotecaria municipal comunicaralle á/ao mestra/o o tipo de acción que se vai realizar. Serán propostas sinxelas como:
Unha procura de libros sobre unha determinada temática que deberán traer á biblioteca e presentalos o día da visita.
A realización dun vídeo sinxelo, unha fotografía, unha breve presentación, unha carta etc. na que se presente a biblioteca escolar ou se destaque algún aspecto singular dela: mobiliario, actividades, espazos, organización etc.
4. As bibliotecas realizarán un número máximo de visitas por curso escolar. No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de visitas ofertadas, a biblioteca valorará que solicitudes serán finalmente aceptadas atendendo aos seguintes criterios.
Dar cobertura aos seus centros escolares de referencia de maneira prioritaria.
Buscar un equilibrio entre o número de visitas solicitadas e o número de centros escolares que realizan a demanda.
Satisfacer a demanda das solicitudes dos diferentes niveis (EI e EP) dunha maneira equilibrada.
5. Para a aceptación das solicitudes tamén se terá en conta se en cursos anteriores os centros escolares respectaron os compromisos recollidos nos puntos 1, 2 e 3.
6. As visitas asignaranse á biblioteca de referencia.
7. Unha vez presentada a solicitude, calquera aclaración ou información solicitaráselle á coordinadora do Programa de Visitas no Servizo Municipal de Bibliotecas.
Elena Pernas Lázaro
e.pernas@coruna.gal
Teléf.: 981 184 384
8. Unha vez asignada a visita a unha biblioteca determinada, os contactos serán coa persoa responsable do servizo ás escolas desa biblioteca.
9. O transporte, se fose necesario, correrá a cargo do centro educativo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible