Ningunha naceu en Galicia, pero as dúas levan anos instaladas aquí, tanto a nova membro da Real Academia que escribe en galego, como a sevillana que o fai en castelán.
Para público en xeral
06/02/2017
Xa rematou
20.30 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada libre até completar a capacidade
Dúas poetas establecidas en Galicia pero nadas fóra de aquí: nin máis nin menos que a última membro da Real Academia Galega -Marilar Aleixandre- recitará a carón da última Medalla de Ouro ás Belas Artes (en Literatura) e primeira muller en gañar o Premio Nacional de Poesía (en 2003), Julia Uceda. Xa o 27 de marzo, o lalinés Celso Fernández Sanmartín fará dúo coa poeta mexicana en lingua zapoteca Natalia Toledo, nun recital tinguido de oralidade, folclore e o sabio legado da tradición.
Julia Uceda naceu en 1925 en Sevilla e na mesma cidade se licenciou e doutorou en Filosofía e Letras. Traballou toda a vida como catedrática de ensino superior, inicialmente nas Universidades de Cádiz e Sevilla.
Mais de Andalucía trasladouse -en 1965- á Universidade de Michigan, onde exerceu ata 1973. A ese periplo americano seguiríanlle tres anos máis en Irlanda, para rematar por instalarse en Ferrolterra, onde leva xa catro décadas.
Escritora en galego, Marilar Aleixandre naceu en 1947 en Madrid.
Ademais de poeta é unha prolífica e célebre narradora, tamén tradutora, guionista de banda deseñada, activista no feminismo e na defensa dos dereitos sociais. Alén diso, traballa como catedrática de
Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela, cidade na que reside. Hai menos dun mes, ingresou como membro da Real Academia Galega.
16/05/2024
27/05/2024
Acceso libre ata completar capacidade
30/05/2024
Dende o 23/05/2024 ata o 30/05/2024
Os días 18/03/2024 ás 18:30 , 16/04/2024 ás 18:30 , 07/05/2024 ás 18:30 , 04/06/2024 ás 18:30
un encontro ao mes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible